O responsable da actividade foi Víctor Barrientos Rodríguez, Doutor en Ciencias Xeolóxicas (Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Universidade de A Coruña), que levou aos participantes a descubrir o tránsito entre os granitoides e as lousas que caracterizan esta zona, explicando o contexto xeolóxico paleozoico no que se formaron estas rochas, así como procesos modernos que tiveron influencia na topografía actual. Asemade, amosounos algunas curiosidades xeolóxicas, como as minas de ouro de Monte Partido e os efectos dos lumes forestais do verán de 2025 nos solos e ladeiras. Estivo acompañado por Eduardo José González Clavijo, coordinador estatal dos xeolodías. Víctor deu unha breve charla de benvida, repartiu as guías da actividade e subimos ao transporte, dado que a xornada contaba con varios desprazamentos en bus antes do roteiro a pé pola cara noreste da Serra de San Mamede.