O Concurso Escolar “Xornalistas Naturais”, organizado polo Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia co asesoramento do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo, ten como obxectivo familiarizar ao alumnado de educación especial, primaria, secundaria e FP-bacharelato de Galicia coa biodiversidade e as paisaxes da contorna dos seus centros escolares. A flora e fauna, así como a complexidade dos ecosistemas de todo tipo nos que se integran (urbanos, periurbanos, litorais, agrogandeiros, forestais, naturais, etc.) son os protagonistas dos materiais que, desde setembro e ata maio, e coordinados polo profesorado, elaborarán os grupos/aula participantes.
Este traballo é complementario da actividade de estudo e interpretación dun ecosistema próximo ao centro escolar, levada a cabo durante o primeiro trimestre e na parte final do curso 2025-2026 na asignatura de Bioloxía e Xeoloxía. A presentación da mesma está recollida na seguinte entrada do blog de NaturezAula: https://naturezaula.salesianosourense.com/2025/10/vi-roteiro-didactico-ambiental-polo-leste-do-concello-de-ourense-mosteironda-parque-botanico-de-montealegre/.
Na asignatura de Bioloxía e Xeoloxía, optativa en 4º de ESO, convídase ao alumnado a participar activamente no recoñecemento e selección de distintas zonas do itinerario arriba indicado para, por grupos de traballo, desenvolver un estudo e interpretación dun ecosistema en distintos momentos do curso (primeiro trimestre: outono/inverno; terceiro trimestre: primavera/verán). Cada traballo entregado seguindo o calendario indicado polo docente ten un momento concreto de presentación na aula, e en cada presentación o grupo correspondente incorpora unha rede trófica do ecosistema (todos os traballos quedan colgados no drive compartido polo docente e o alumnado, nunha carpeta na que se poden consultar as presentacións).
As novas elaboradas polos grupos de traballo, seguindo o modelo das publicacións semanais de la escuela salvaje, destacan pola creatividade, singularidade e contextualización cos ecosistemas nos que se ven traballando desde setembro.
A continuación presentamos a sucesión de “novas” naturais rexistradas.
O documento que recolle o traballo levado a cabo foi compartido co alumnado; deseguido destacamos as achegas dos grupos:
Queremos destacar esta iniciativa como unha actividade que nos axudou a valorar o cambio do ecosistema a medida que cambian as estacións, tanto na fauna como na flora. No caso do noso ecosistema, atopábamos un encoro e tamén puidemos observar o cambio no caudal do río. En canto á flora, vimos claramente que árbores son caducifolias, e cales son perennes. Ademais, vimos o cambio nas flores, como nos toxos ou nas mimosas. Tamén puidemos observar como está a afectar o cambio climático ao noso ecosistema, xa que, en inverno o noso punto de encontro era moito máis seco que na primavera.
Baixo a nosa opinión, este apartado do traballo é moi interesante, xa que é unha forma didáctica e diferente de complementar os coñecementos adquiridos durante estes dous trimestres. Asemade, tamén pode axudarnos a coñecer outros aspectos da natureza que nos rodea, na que polo xeral non nos fixaríamos.
Grazas a este traballo aprendimos a crear historias, axudounos a coñecer cousas que antes non sabíamos e a descubrir ecosistemas diferentes aos que estamos acostumbrados na cidade. Este traballo axudounos a entender a floracion e o cambio do bioma nas estacions diferentes do ano, axudounos a mellorar o traballo en grupo.
Consideramos que facendo estes traballos aprendemos en profundidade sobre os nosos bosques, especies, como coidalos e preservalos, etc. Entre as novas que máis nos impactaron destacamos “A invasión das mimosas” e “Coñecendo novas especies en Galicia”. Respecto a especie invasora, as mimosas, aprendimos que as súas raíces alteran o solo, impedindo o crecemento doutras especies. Ademais, incrementan o risco de incendios nos bosques. En canto a segunda nova, pareceunos moi interesante atopar en Ourense especies con características pouco comúns e que os seus repertorios primaverais son apenas audibles para os humanos, como é o caso do “cardeal” ou “camachuelo común”.
Os traballos do caderno de campo parecéronos unha actividade moi interesante e completa. Axudáronos a entender mellor como funcionan e interaccionan os diferentes elementos dun ecosistema. Ademais ao centrarnos nunha parte concreta do bosque, a aprendizaxe foi máis práctica e fácil de comprender. Como aspecto positivo, destacaría que fomenta a investigación e o traballo autónomo.
Na nosa opinión, grazas a esta tarefa, conseguimos observar a paisaxe con outros ollos e descubrir unha contorna ecolóxica próxima pero cun interior descoñecido. Apreciamos detalles que antes nos pasaban desapercibidos, ctemos outra percepción da realidade e aprendimos a valorar a nosa paisaxe tal e como é. Descubrimos que os feismos son parte da nosa tradición e da nosa realidade, que a pesar dos prexuízos ecolóxicos que supoñen, embelecen a nosa ecoloxía e fana única.
Facendo este traballo e investigando o bosque máis afondo dímonos conta do dano que facemos os seres humanos deixando lixo tirado ou non reciclando como é debido. Parécenos máis fácil e rápido deixar as cousas tiradas polo monte antes que ir ao vertedoiro; e estas accións provocan graves danos ambientais, alteran o equilibrio dos ecosistemas e poñen en risco a vida silvestre. Con este caderno de campo intentamos concienciar as persoas para que non tiren lixo e poder seguir gozando destes bosques tan bonitos e inigualables que temos en Galicia.
A partir do noso traballo, puidemos fixarnos un pouco máis no que acontece na natureza. Co traballo do primeiro e do terceiro trimestre, ao visitar a serra varias veces, nos fixamos en diferentes aspectos nos que normalmente non nos fixamos. Fixámonos no canto das aves e como se comunican, nalgunha abella polinizando algunha flor, os diferentes insectos reptando preto noso… E pensamos que ao vivir na cidade, apartados da natureza, nos perdemos moitas das cousas do noso mundo, relacións con outros animais… E coa velocidade coa que vivimos non nos fixamos na chegada da primavera, por exemplo, e queremos concienciar de que ás veces é necesario parar e observar o que nos rodea.
Co traballo “musgos e liques, dous indicadores da natureza de Ourense” puidemos aprender sobre dous seres vivos que abondan na nosa cidade. Sempre que camiñamos preto dalgunha rocha, fixámonos en que estes seres vivos sempre están alí, pero non sabíamos o por que. Agora xa sabemos a que se debe, que é pola humidade e por unhas temperaturas máis suaves. Tamén puidemos aprender que en verdade son importantes, xa que os musgos conservan a humidade do solo e evitan a erosión ou ofrecen refuxio a outras especies, e os liques indícannos a calidade do aire e axudan na formación do solo.
No traballo “bosques ao límite” impactáronnos as fotos, xa que somos conscientes de que tiramos residuos, pero non sabíamos que na serra onde estábamos traballando houbese trastos tan grandes tirados polo medio. Creemos que este traballo é importante para concienciar sobre o dano que estamos facendo aos bosques, e que toda acción conta. Transmite unha mensaxe que hoxe en día é necesaria para combater o cambio climático e axudar así a moitos animais que habitan neses lugares onde nós tiramos lixo.
No traballo “o pole en Galicia” concienciannos da importancia das abellas nos nosos ecosistemas, e os datos que chamáronnos máis a atención foi saber que incluíron unha pequena enumeración das árbores que producen máis alerxias polo pole.
Co traballo “coñecendo novas especies en Galiza” podemos saber moito máis sobre esta ave cardeal (Pyrrhula pyrrhula) o que resúltanos moi interesante xa que é un ave que poidemos ver e recoñecer doadamente pero que non temos ningún ou case ningún dato deles, por iso esta noticia axúdanos a aprender datos como que esta ave é migratoria parcial xa que parte da súa poboación migra cara Rusia mentres que a outra parte migra cara o Mediterráneo no outono. Tamén podemos destacar o ben explicado que está o texto e resumido para a información que tiña que é bastante densa. Un dato a destacar é como distinguir ás aves femias dos machos dun xeito sinxelo.
No noso traballo sobre as aves en Galicia, concretamente na sección sobre a especie Pyrrhula pyrrhula, cremos que aprendemos a identificar diferentes especies de aves, así como as diversas razóns polas que as aves poden ou se ven obrigadas a migrar por todo o mundo. Este proxecto considerouse axeitado para aumentar os nosos coñecementos nas áreas de traballo de campo e investigación xeral dentro do ámbito escolar.
Grazas a estes traballos aprendemos acerca da biodiversidade, como conservala, aproveitala e os diversos procesos e características que acompañan ás diversas especies. Ademais de coñecer máis de preto os ecosistemas onde habitan.