A visita, dalgo menos dunha hora de duración, entre as 16:45 h e as 17:40 h, foi organizada polos docentes do Seminario de Ciencias Experimentais en colaboración con VIAQUA-Servizo Municipal de Augas. O noso agradecemento a todo o persoal da planta, especialmente a María Micaela Sánchez García, por facilitar a xestión desta actividade e acompañarnos durante a visita a esta moderna instalación, na que se está a innovar na xestión da auga incorporando procesos de última xeración; tamén pola amabilidade amosada co grupo, atendendo todas as dúbidas que xurdiron entre o alumnado e o profesorado.