A mañá do luns 17 de novembro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato, acompañado por dous docentes desta asignatura en ESO-BAC e unha alumna en prácticas do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, tivo a oportunidade de visitar as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (E.T.A.P.) de San Francisco, en Ourense. O desprazamento ata esta infraestrutura levouse a cabo a pé, tanto á ida como á volta. Recibiunos Roberto, técnico da planta, e acompañounos durante todo o percorrido, explicándonos o funcionamento das distintas partes da infraestrutura e os procesos que se levan a cabo na mesma.