II Feira Científica Escolar Salesianos.

O venres 20 de febreiro o CPR Plurilingüe María Auxiliadora – Salesianos de Ourense organizou a II Feira Científica Escolar Salesianos, que se levou a cabo na Rúa Ponte Romana (á beira da Praza Don Bosco, diante do colexio).

Participaron os seguintes centros educativos:

Desde primeira hora da mañá, alumnado de secundaria do centro participou activamente no traslado e montaxe do material preciso para a instalación dos postos da feira, coordinados en todo momento por Juan Ramón Cao Rodríguez, responsable de mantemento do noso colexio.

Parte do alumnado que colaborou na montaxe dos postos.

Cristina Nespereira (xefa de estudos de E.I e E.P.) elaborou un cronograma de visitas para facilitar a asistencia ordenada de todo o alumnado do centro.

Francisco Lorenzo López, concelleiro de obras públicas, servizos urbanos, medio ambiente e urbanismo do concello de Ourense, alumno do colexio entre 1996 e 2008, saudou ás persoas participantes, reforzando o obxectivo de fomentar entre a cidadanía en xeral, e a mocidade en particular, as vocacións científicas e tecnolóxicas.

De esquerda a dereita: Lupicinio Peña Arenas, director do CPR Plurilingüe María Auxiliadora – Salesianos de Ourense. Francisco Lorenzo López, concelleiro de obras públicas, servizos urbanos, medio ambiente e urbanismo do concello de Ourense. José Enrique Fernández Marcos, coordinador da II Feira Científica Escolar Salesianos.

Os colexios participantes comenzaron a chegar seguindo o horario previsto, e ocuparon os seus postos na feira. Para facilitar as comunicacións, Manuel Gallego Fortes (responsable de sistemas informáticos do colexio), facilitou unha conexión wifi temporal.

O Colexio Diocesano San Lorenzo – Seminario de Lugo presentou o seu proxecto Química de cores.

“Propuxémonos coñecer a utilidade das cores na Química. Atopamos un par de reaccións que se usan para recoñecer a presenza de glícidos redutores en disolucións, que son as reaccións de Feehling e a de Benedict. Quixemos mostrar a de Benedict como proba para detectar glicosa en alimentos ou en análises clínicas (diabete). Para explicar este proceso, presentamos dous experimentos previos que explican o cambio de cor nas substancias químicas implicadas. 

1°.- A reacción «camaleón» torna dende cor violeta a azul, verde e cor laranxa pola redución do manganeso a expensas da oxidación do azucre. 

2°.- A disolución de sulfato cúprico con ácido clorhídrico fai que se forme cloruro cúprico verde que «desaparece» ao botarlle un pouco de amoníaco e, finalmente se tingue toda de azul ao saturala de amoníaco. O ión amonio despraza ao cloro para formar o complexo tetra-amino-cobre”.

O Colexio Divina Pastora de Lugo presentou dous proxectos.

“O Clube de Ciencias participou cunha estación meteorolóxica e un estudo que relaciona as emoción co tempo meteorolóxico, e outro grupo presentou unha radio de galena e e unha caixa de Faraday para anular as sinais nos teléfonos móviles”.

O Colexio María Auxiliadora de Vigo presentou o seu proxecto TermoEcobriks.

“Trátase dun combustible ecolóxico creado por alumnas de 3º de ESO, feito con residuos reciclados. Ofrece máis duración, menor custo e menos contaminación que o carbón vexetal. O proxecto acadou o 3º posto en Galiciencia 2025, amosando o poder da ciencia escolar. Máis enerxía… sen queimar o planeta”.

O Colexio San Juan Bosco de A Coruña presentou dous proxectos.

“Neuroplay é un traballo de tecnoloxía que consiste nun sistema interactivo baseado en Arduino, conectado a tres botón colocados nun pedestal impreso en 3D. O dispositivo está vencellado a unha páxina web en HTML onde se visualiza o xogo, as puntuacións e a información de cada partida. Asemade, o sistema incorpora un rexistro que garda os récords obtidos. O proxecto integra tres minixogos: un tipo Simon dice, outro de reacción rápida (no que hai que pulsar o máis rápido posible o botón que se ilumina) e un modo infinito onde se debe presionar continuamente o botón que se acende. Para rematar, incorpora un cuarto botón físico que permite reiniciar a partida e voltar ao menú principal para escoller novamente o xogo”.

“O desafío CanSat é unha iniciativa educativa da Axencia Espacial Europea. Reta a estudantes entre os 14 e 19 anos de toda Europa a construir un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. Este pequeno satélite debe integrar todos os sistemas esenciais: enerxía, sensores e comunicación… e un paracaídas para unha aterraxe segura!”

O Colexio A Mercé de Castrelo-Cambados presentou os seguintes proxectos: 

“Tick-Tack boom é un proxecto de tecnoloxía e dixitalización de 4° da ESO no que o alumnado construiu e programou con Arduino unha bomba que debe desactivarse contestando preguntas de cultura xeral”.

“Cosmética natural é un proxecto do alumnado do ciclo de formación de grado básico de peiteado e estética na materia de ciencias aplicadas, no que elaboraron xabóns, máscaras de pestañas e labiais con produtos naturais.”

“Pintura máxica e antotipos con cúrcuma é un proxecto do alumnado de física e química de 4° da ESO, que  amosa a técnica da antotipia, a captura de imaxes empregando pigmentos vexetais fotosensibles como a curcumina. Tamén elaboraron tinta invisible con bicarbonato que se revelaba cunha solución de cúrcuma”.

O Colexio María Auxiliadora de Ourense presentou tres proxectos: 

“O proxecto Educación Vial, de alumnado de Altas Capacidades de Ensino Primario, propón varios cambios na contorna do colexio, para mellorar a mobilidade, tráfico en Ourense, para fomentar o uso de patinetes e bicicletas e facer á cidade máis sostible, segura e ecolóxica.”

“No reto da Liga Maker Drone temos que pulverizar varios puntos en movemeento e recoller tres caixas atravesando unhas aspas para, finalmente, trasladalas a un contenedor. Un reto ao que deberemos dar solución voando un dron.”

“As árbores do noso xardín é un traballo do alumnado de Altas Capacidades de ESO. Sobre os planos de Antonio Iglesias (salesiano finado o 20 de marzo de 2025), o alumnado elaborou un novo plano e un xogo Memory de cartas didácticas e material de consulta sobre as árbores que hai na actualidade no xardín do centro. Entre outras moitas actividades, Antonio puso en valor o laboratorio de ciencias, e foi o encargado de crear o museo de ciencias, que leva o seu nome.”

Nos meses e semanas anteriores á feira levouse a cabo un minucioso traballo de preparación dalgunhas sección vexetais, varias delas de árbores que xa non están no xardín, outras de mostras incorporadas á colección do museo de ciencias do colexio no transcurso dos anos. Chamou moito a atención un exemplar de chopo branco, Populus alba, que o mércores 9 de outubro de 2024, arredor das 09:30 h, caeu por unha combinación de debilidade do sistema radicular da pranta e unha racha de vento asociada ao temporal provocado pola borrasca Kirk. O momento está recollido na entrada do blog https://naturezaula.salesianosourense.com/2024/11/kirk/, e moitos dos visitantes pudieron velo no dispositivo presente no posto da feira.

A xente que cruzaba a Ponte Vella e a comunidade educativa do centro tivo a oportunidade de visitar os postos da feira.

Laura, Emma e Lucía colaboraron tamén tomando fotografías e grabando vídeos da xornada.

Os organizadores convidaron a xantar no interior do colexio. Logo de xantar, recollemos o material empregado para a instalación dos postos e fixemos as fotos de grupo de organizadores e participantes na Praza Don Bosco.

Deseguido, roteiro cultural pola cidade, guiado por Maika Requejo, compañeira docente de ESO e Bac no colexio.