Augas residuais, refugallo ou ouro negro?

O luns 3 de febreiro, entre as 13:20 e as 14:10 h, o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC matriculado en BX, reunido na Aula Magna do centro, tivo ocasión de seguir a charla da doutora Anuska Mosquera Corral, Catedrática do Departamento de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da USC.

A poñente comezou a súa charla cunha introdución ao concepto de enxeñaría química, as súas aplicacións, casos singulares na nosa comunidade autónoma e a relevancia a corto e medio prazo no itinerario académico do alumnado presente.

Deseguido abordou o tema principal da charla, a evolución no tratamento de augas residuais, das E.D.A.R. de hai décadas ás biofactorías do presente e futuro. O alumnado de 2º BAC que asistía á charla visitou a Biofactoría-E.D.A.R. de Reza o 5 de abril de 2024 (https://naturezaula.salesianosourense.com/2024/04/visita-a-biofactoria-e-d-a-r-de-ourense-co-alumnado-de-bioloxia-e-xeoloxia-de-1o-de-bacharelato/), e está previsto que o alumnado de 1º BAC (que visitou a E.T.A.P. de San Francisco o 5 de decembro, durante o primeiro trimestre deste curso; https://naturezaula.salesianosourense.com/2024/12/visita-a-e-t-a-p-de-san-francisco-ourense-sur-co-alumnado-de-bioloxia-e-xeoloxia-de-1o-de-bacharelato/) faga o mesmo o 31 de marzo deste ano, na que será a quinta visita de alumnado a esta instalación.

A poñente puso a disposición dos usuarios do noso blog a súa presentación, que pode consultarse na carpeta Materiais Didácticos (https://drive.google.com/drive/folders/1LDgmz89Y650p578EEEzO57Q4GDWu8JI_).

Agradecemos ao Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” a oportunidade de contar con esta charla, e en particular a Anuska por achegarse ao noso centro e compartir connosco o seu bo facer e os seus coñecementos sobre este interesante tema.