O 22 de outubro alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, acompañado por dous docentes de ESO, un docente da aula de Educación Especial e un docente en prácticas, participou nun itinerario desde Velle ata o Parque Botánico de Montealegre. Esta actividade complementaria, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais e polo Seminario de Educación Física, dentro do Programa de Educación Ambiental Voz Natura, tiña como obxectivo destacado achegarnos á parte leste do concello, nunha aproximación a bosques caducifolios, mediterráneos e de ribeira, atravesando zonas afectadas por lumes forestais, moi preto da chamada costa romana, totalmente empedrada, que en realidade é medieval (a primeira documentación que deixa constancia da súa existencia é do ano 1.153). Este camiño empedrado debeu ter un precedente máis antigo, que podería ser a vía romana que enlazaba o asentamento militar que deu lugar á actual cidade de Ourense coas vías que comunicaban coas actuais Braga e Astorga (según as citas de fontes documentais medievais).