77 Aniversario de Marcos Rodríguez Pantoja.

O 7 de xuño, martes, Marcos Rodríguez Pantoja (o neno lobo de Sierra Morena) vai cumplir 77 anos. Ecoloxistas en Acción Ourense (@Ecoloxistasou), o Grupo Lobo (https://grupolobogalicia.org/) e A Arca da Noe (https://es-es.facebook.com/ArcaDaNoe/), entre outras/os amigas/os, organiza unha festa de aniversario o 4 de xuño, en Vilar de Santos.

O alumnado matriculado durante este curso en 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato tivo ocasión de coñecer a Marcos hai anos, como se pode ver na entrada do blog do 23 de xaneiro de 2016 (https://naturezaula.salesianosourense.com/2016/01/conferencia-de-marcos-rodriguez-pantoja/) e nas seguintes fotografías, desa mesma ocasión…

… e nestas outras, de abril de 2017.

Desde o Proxecto Ambiental NaturezAula queremos felicitar a Marcos; a comunidade educativa do centro mándalle unha forte aperta.

Xaneiro de 2016.

La Región, 6 de xuño de 2022.