De volta no albergue tocaba repoñer forzas para, pola tarde, desfrutar da proxección de Entre pastores e lobos, de Manuel Pedrosa. Nesta ocasión fixéronnos compaña Pedro Alonso, coautor do audiovisual, e Tomás Pérez, axente ambiental e garda de Invernadeiro, cos que mantivemos un interesante coloquio ao remate. Tamén pasou ese ratiño connosco o fotógrafo Alberto Alcántara Meigide. O alumnado aproveitou a ocasión para plantexarlle a todos eles as súas preguntas e curiosidades, especialmente aos dous protagonistas e promotores do filme, galardoado en varios festivais.