Ben avanzado o primeiro trimestre, o alumnado de 1º de ESO comezou coas tarefas do miniviveiro de árbores autóctonas, actividade recollida na entrada do blog do 28 de novembro (https://naturezaula.salesianosourense.com/2021/11/miniviveiro-de-1o-eso-retoinvestigamos-con-arbolapp/). Desde entón, e grazas aos coidados destas mozas e aqueles mozos, a natureza seguiu o seu ritmo e os primeiros carballos agromaron antes de rematar o 2021.
Cando voltamos do descanso de nadal, boa parte das árboles estaban así de desenvolvidas.
Entre o 5 e o 6 de abril o alumnado deu conta dos últimos coidados e se repartiron as árbores, para que as/os que quixeran as levaran as súas aldeas e fincas para poder transplantalas.