2.- Iniciación do xerminado.
Sen ningunha dúbida esta é a parte máis importante de todo o proceso.
Para xerminar a semente hai moitos métodos, pero nós utilizaremos o seguinte:
Cóllese un bo anaco de algodón que se colocará na base do envase de iogur traído da de casa. Teremos que asegurarnos de que cobre ben o envase e que teña un grosor bo (menor a un centímetro).
Despois introduciranse dúas landras dentro. É conveniente que estean tombadas.
Unha vez colocadas as landras, deberase poñer un algodón, máis ou menos do mesmo grosor e tamaño, para cubrilas.
A continuación haberá que humedecer o envase. Non fará falta botar unha gran cantidade de auga. Terase que volver humedecer unha vez que estea seco.