COLLAGE DE OUTONO, 15 de outubro.
A parte máis bonita do outono son as suas cores. Por eso os nenos de 4ºC de Educación Infantil encántalles recolectar follas secas, ramiñas, paus e piñas. Voltamos así á horta cada semana para ver como van cambiando as follas e as cores das árbores, prantas e froitos. A actividade “un collage de outono” inclúese na unidade didáctica da aula, pero é axeitada para realizar ao ar libre. Os cativos e cativas recolectaron en cestas todo o necesario e ao chegar á aula traballamos con materiais naturais recollidos por eles mesmos na horta escolar. Aproveitaron tamén o bo tempo outonal para facer un contacontos na horta observando a natureza e disfrutando do espazo aberto.