Durante o primeiro trimestre, e coa incertidume da situación pandémica, o alumnado de Ensino Infantil levou a cabo algunhas actividades relacionadas co Outono, recollidas no blog (a última, a do magosto, podedes vela na seguinte ligazón: https://naturezaula.salesianosourense.com/2020/11/magosto-en-ensino-infantil/). Durante todo ese tempo, e seguindo os protocolos COVID, a horta escolar ficou temporalmente pechada. O inverno tampouco axudaba, e foron pasando as datas ata chegar 2021.
XANEIRO.
En xaneiro, moi motivado polo lema colexial do curso 2021-2021, o alumnado de Ensino Infantil sementou, coidou e viu medrar día a día a planta dun chícharo.
Sementeira do alumnado de 4º.
Sementeira do alumnado de 5º.
Sementeira do alumnado de 6º.
Adicaron tempo na aula para decorar e embelecer a súa maceta con verbas vencelladas ao lema colexial deste ano, «Algo novo está a agromar». Logo, levaron para casa a planta, onde a seguiron coidando coa axuda da súa familia.
Alejandro, Ella, Carla Lloves, Lorenzo, Celia, Hugo Álvarez, Gonzalo, Izan, Victoria e Candela, de 4º de Ensino Infantil.
Plantas na casa do alumnado de 5ºA.
Plantas na casa do alumnado de 5ºB.
Plantas na casa do alumnado de 5ºC.
Plantas na casa do alumnado de 6º.
MARZO.
En marzo comezaron as tarefas de limpeza e sementeira da horta.
Sementeira levada a cabo polo alumnado de 4º.
Sementeira levada a cabo polo alumnado de 5º.
Sementeira levada a cabo polo alumnado de 6ºA.
Sementeira levada a cabo polo alumnado de 6ºB.
Quedaba pouco para trocar de mes cando recibimos a visita de Cardio, a mascota do programa SHE, que aproveitou a visita para agasallar ao alumnado cunhas chuches elaboradas co zume e o azucre natural das froitas.
Visita de Cardio ao alumnado de 4ºC.
Visita de Cardio ao alumnado de 4ºA.
Visita de Cardio ao alumnado de 4ºB.
Visita de Cardio ao alumnado de 5ºA.
Visita de Cardio ao alumnado de 5ºB.
Visita de Cardio ao alumnado de 5ºC.
Dentro do programa SHE tivemos un contacontos titulado El último árbol no que os cativos aprenderon a importancia de coidar a natureza e tamén o noso corazón facendo exercicio.
Contacontos en 6ºA.
Visita de Cardio ao alumnado de 6ºB.
Contacontos e visita de Cardio ao alumnado de 6ºC.
ABRIL.
En abril, o alumnado visitou a horta para ver como ían medrando as plantas sementadas.
Alumnado de 5ºB.
Alumnado de 6ºA.
Alumnado de 6ºB.
Antes de rematar o mes, alumnado de Ensino Primario visitou a horta na clase de inglés para celebrar o día da Terra cos cinco sentidos, explorando a horta con todos eles, salvo o gusto.
Tamén a piques de rematar o mes o alumnado de Ensino Infantil tivo unha sesión de ioga e psicomotricidade na horta escolar…
… e unha visita á horta interxeracional de Mariñamansa (con traslado en bus facilitado pola Concellería de Educación do Concello de Ourense)…
… na que o alumnado aprendeu os diferentes usos das plantas mediciñais, tivo a oportunidade de cheirar diferentes plantas aromáticas, apreciou o que había cultivado (cebolas, patacas…)…
… e de agasallo, cada un dos cativos e cativas trouxo unha planta de fresa para coidar nas súas casas.
MAIO.
A primeira semana de maio preparamos unha ensalada con produtos da horta; que boa estaba…
Alumnado de 4º.
Alumnado de 5º.
Alumnado de 6ºA.
Alumnado de 6ºB.
Alumnado de 6ºC.
Noraboa a educadoras, educadores e alumnado polo bo facer, e moitas grazas por manter a ilusión.