Pena Trevinca, cumio de Galicia.

Comezamos un novo curso (será o 15 de NaturezAula, na 30 edición do Programa Voz Natura) e retomamos as actividades cun roteiro que nos levou ao cumio de Galicia. O sábado 23 de maio varios docentes, acompañados por Amador Lama Tombo (salesiano), achegámonos ata Pena Trevinca. As condición meteorolóxicas non facían posible completar o itinerario, polo que o 5 de setembro fixemos unha nova tentativa.

Fotografías do 23 de maio de 2026.

Fotografías do 5 de setembro de 2026.

Levamos a cabo o acceso ao punto 1 (inicio da andaina) en vehículo 4×4, desde Fonte da Cova ata os 1.880 m (pasado o Alto do Colladín), logo de abeirar a entulleira do Alto do Campo polo oeste e percorrer a pista de acceso por A Cabrita.

Desde ese punto, unha senda estreita avanza cara o sur para aproximarnos ao Portillo Puertas, que deixa ao oeste a Pena Survia (2.116 m).

A senda descende para adentrarse no val do nacente do río Teira (afluente do Esla), que cunha lonxitude de 139 km drena unha cunca de 2.412 km² da provincia de Zamora.

Ao chegar á faldra da Pena Negra (2.121 m) a senda ascende para rematar na Pena Trevinca (2.127 m).

A segunda fotografía é do 18 de outubro de 2008.

De volta fixemos o mesmo camiño cara o norte, parando para xantar entre uces e arandeiras.

Agrostis tileni Genciana lutea ssp. aurantiaca.

Un hito ou cairn, é unha pila de pedras que indica o camiño a seguir, sobre todo cando o sendeiro non está moi ben definido. Os pastores e a xente da montaña empregaron e empregan hitos desde hai milenios; é un xeito simple, económico, ecolóxico e moi eficaz de marcar o sendeiro a seguir.

Importado do Gaélico, o término cairn é orixinario das Highlands Escocesas.  Nestas zonas remotas, como na tundra do Ártico (a terra dos inuits), cobra unha importancia vital, dado que sinala cumios e pasos clave entre vales.

O lume forestal de 2025 estragou completamente ecosistemas dun altísimo valor ecolóxico (https://osalto.gal/galicia/trevinca-una-posible-cartografia-alla-llamas). Nas seguintes comparativas, con fotos de roteiros anteriores, pode apreciarse como era esta contorna antes do desastre.

Por esta orde: 4 de maio de 2008, 10 de setembro de 2016 e na actualidade.

10 de setembro de 2016 e na actualidade.

4 de maio de 2008, 10 de setembro de 2016 e na actualidade.

10 de setembro de 2016 e na actualidade.

10 de setembro de 2016 e na actualidade.

10 de setembro de 2016 e na actualidade.