EXPOSICIÓN “UNHA HORA POLO MUNDO”.

Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de Altas Capacidades (AACC) de ESO tivo ocasión de actualizar os materiais didácticos e preparar a presentación da exposición “Unha hora polo mundo”, un traballo interdisciplinar dos Seminarios de Orientación, Xeografía e Historia, Matemáticas e Ciencias Experimentais, deseñado no ano 2017 por Berta Rodríguez Rúa, María Carmen Requejo Álvarez, María Emma Martínez Fernández, Gustavo Monroy González e Víctor Manuel Aller Álvarez.

O alumnado “rescatou” os pósters e xogos para facer unha revisión e preparar a presentación para o alumnado de 5º de Ensino Primario. Durante o mes de maio tiveron tempo de analizar o material e facer os ensaios oportunos para presentar en público os días 16 e 17 de xuño. Cada póster ía acompañado dun xogo educativo contextualizado co destino da viaxe ao redor do mundo, co obxectivo de dinamizar a visita do alumnado.

A montaxe da exposición, na Aula don Bosco, tivo lugar o 15 de xuño. Ao material didáctico da mesma sumamos unha cúpula de Leonardo alugada a Milanta. O kit Leonardome de 250 pezas é  unha experiencia educativa de construcción compartida que convida a grupos de todas as idades a xerar cúpulas con pezas de madeira baseadas nos patróns estructurais de Leonardo da Vinci, unha proposta STEM de gran potencia pedagóxica que combina creatividade, xeometría e cooperación nun mismo xesto.

O primeiro curso en acudir á Aula Don Bosco foi 5ºB, entre as 10:10 e as 11 h da mañá do martes 16 de xuño.

O mércores 17 foi o turno de 5ºC (entre as 09:20 e as 10:10 h) e de 5ºA (entre as 11:40 e as 12:30 h).

Fotografías da compañeira Laura María Sobrado Sáez.

O alumnado de 3ºB ESO, coordinado por compañeiros de AACC, foi o encargado de recoller o día 18.

Agardamos que esta actividade resultara de interese para a comunidade educativa participante. Aproveitamos para despedir este curso e desexarvos un feliz descanso estival. Vémonos en setembro !!!