Día Mundial do Cirrio 2026 Ourense.

O venres 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, levamos a cabo unha actividade singular, co gallo da celebración, o domingo 7, do Día Mundial do Cirrio. En NaturezAula queremos agradecer a colaboración de Ecoloxistas en Acción-Ourense e Amigas das Cegoñas, en particular da súa coordinadora Nancy Blanco, que fixeron posible que nos achegáramos á realidade destas aves insectívoras de vital importancia. A actividade é parte da campaña As Tres Mosquiteiras de Ecoloxistas en Acción (https://linktr.ee/lastresmosquiteras). Para facilitar a observación dos animais, acompañáronnos varias/os voluntarias/os dos grupos ecoloxistas, e co alumnado fixemos dúas quendas: na primeira, ás 09:15 h, Ensino Infantil (150) e de 1º e 2º de Ensino Primario (109); logo, nunha segunda quenda, ás 10:15 h, alumnado de 3º e 6º de Ensino Primario (141) e todo 1º ESO. O total de asistentes, entre alumnado, profesorado e voluntarios rondou as 500 persoas.

As voluntarias de Amigas das Cegoñas motivaron o acto, e o alumnado levou a cabo a lectura do manifesto preparado para a ocasión. Fran encargouse da megafonía. Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración.

Puidemos ver cirrios, avións, parrulos, pegas, pombas… ningún veciño da contorna da Ponte Vella quería perderse esta demostración acrobática.

Unha actividade moi enriquecedora para aprender máis sobre estas aves e concienciar á cidadanía, comezando polos máis cativos, da importancia de respectalas e coidalas.