Ciclo da seda en Ensino Primario.

Texto e fotografías da compañeira Cristina López.

Esta primavera, varios grupos de Ensino Primario mergullámonos na cría do bicho de seda. Os ovos foron proporcionados por José Vieito García, que leva a cabo un Obradoiro de Tear de seda no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense.

Os ovos, da especie Bombyx Mori, eclosionaron en torno ao 23 de abril, chegando a medir nun mes ao redor dos 7 cm. Alimentamos aos voraces bichiños con follas de moreira, segundo as pautas de coidados e cría que o mesmo José Vieito nos proporcionou, así coma a listaxe de moreiras que hai na cidade de Ourense e arredores.

Unha vez rematada a súa vida coma vermes, sobre o 24 de maio fixeron o casulo e días despois, atopámonos coas bolboretas, que tras aparearse, puxeron ducias de novos ovos que gardaremos para voltar a vivir o ciclo de vida destas increíbles e produtivas pequenas mascotas.

Tamén traballamos o ciclo dos bichos de seda como unidade didáctica.

A bolboreta ou gusano de seda é unha especie de insecto lepidóptero da familia Bombycidae, domesticada a partir da polilla salvaxe Bombyx mandarina, ​ que se extende desde o norte da India ata o norte de China, Corea, Xapón e as rexións máis orientais de Rusia. Críase en moitas rexións do mundo para aproveitar o casulo que protexe á crisálida, constituido por un extenso filamento de seda, producido pola eiruga ao retraerse para a metamorfose.