O formato é dun vídeo destinado á difusión nas redes sociais, valorándose o uso creativo de recursos como a música, os efectos visuais, os gráficos e o formato narrativo. O contido procura resaltar a importancia ambiental, cultural ou social dos parques naturais de Galicia e axudar a conservalos para as vindeiras xeracións. Pode participar no concurso o alumnado de 3º e 4º da ESO residente en Galicia e matriculado nun centro educativo galego durante o curso escolar 2025-2026, e a participación pode ser de xeito individual ou en grupo (mínimo dúas persoas, máximo o alumnado dun mesmo grupo/aula). O noso centro presentou as seguintes propostas:
Marta García Fernández, María Palomanes Nieva, Sara Méndez Díaz, Valentina Zoe Sánchez Barrios, Lucía Penas Lorenzo, Lucía Zamora Pérez e Valeria Caridad Hernández Salazar, de 4ºA ESO:
https://youtu.be/k7ZkHYdnGfs.
Nika González Barca, Alicia González Fernández, Sela Blanco González e Alejandro González Martínez, de 3ºB ESO:
https://youtube.com/shorts/IqQIL-Jortc?feature=share.
Alesandra Eiras Míguez, Sabela Gómez Bailón e María Vázquez Nespereira, de 3ºC ESO:
https://youtu.be/fkzl_0LoXqA.
Esta última foi seleccionada como finalista, xunto con otras once de toda Galicia.