O xoves 7 de maio tivo lugar a segunda sesión desta actividade, unha colaboración coa Sociedade Española de Farmacia Clínica Familiar e Comunitaria (SEFAC), que convidou ao centro a participar no proxecto de investigación ConóceMe: Comprende el medicamento/descubre al farmacéutico, dirixido a estudantes de cuarto da ESO e 1º de Bacharelato (ver a entrada da primeira sesión na seguinte ligazón: https://naturezaula.salesianosourense.com/2026/04/conoceme-comprende-el-medicamento-descubre-al-farmaceutico-5/ . Nesta ocasión Lara Fernández Puga acompañou a Laura como poñente para continuar esta actividade formativa.