CONVIVENCIAS.
En marzo vivimos unha xornada moi especial de convivencias cristiás no colexio para os cursos de 4º, 5º e 6º de EP. Comezamos coas proxeccións dunhas películas que nos convidaron a reflexionar, seguidas dun traballo persoal e en grupo para profundizar na súa mensaxe. Antes da hora do xantar, gozamos dunha andaina ata a praia fluvial de Oira, un momento perfecto para convivir e conectar e, tamén, sumámonos ao xesto solidario da Operación Bocata Solidario, compartindo e tomando conciencia de quen máis o necesita. Finalizamos o día na igrexa coa celebración da reconciliación, recollendo todo o vivido e traballado durante a mañá. Un día cheo de aprendizaxe, valores e comunidade.