Para comprender mellor o proceso de xerminación, puxemos en marcha un pequeno sementeiro na aula, no que plantamos sementes de cabaza, garavanzos, lentellas e fabas. Coidámolo cada día con responsabilidade e ilusión, observando a súa evolución e atendendo aos cambios que se van producindo, polo que a aula se converteu nun pequeno espazo de observación. O crecemento destas plantas continuará na horta escolar cando poidamos transplantalas.
ARAÑEIRAS MÁXICAS.
Entre o 13 e o 14 de abril o alumnado de 6º de E.I. participou nunha actividade moi especial relacionada coa educación viaria e o coidado do medio ambiente, apostando pola mobilidade sostible.