Un hito ou cairn, é unha pila de pedras que indica o camiño a seguir, sobre todo cando o sendeiro non está moi ben definido. Os pastores e a xente da montaña empregaron e empregan hitos desde hai milenios; é un xeito simple, económico, ecolóxico e moi eficaz de marcar o sendeiro a seguir.
Importado do Gaélico, o término cairn é orixinario das Highlands Escocesas. Nestas zonas remotas, como na tundra do Ártico (a tierra dos inuits), cobra unha importancia vital, dado que sinala cumios e pasos clave entre vales.