A Ribeira Sacra é unha zona situada entre as provincias de Lugo e Ourense, caracterizada polos profundos canóns excavados polos ríos Sil, Miño e afluentes de ambos. O relevo está formado por ladeiras abruptas e vales fortemente encaixados, onde o río Sil e os seus tributarios veñen erosionando o macizo rochoso desde hai millóns de anos. Desde o punto de vista xeolóxico, o territorio está constituido principalmente por rochas cristalinas formadas durante a oroxenia varisca, hai aproximadamente 300 millóns de anos. A rede fluvial excavou profundamente estas rochas, xerando os espectaculares canóns que caracterizan a paisaxe actual.