O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha data moi importante para lembrar que as nenas e as mulleres tamén poden ser grandes científicas e que o seu traballo cambiou e mellora as nosas vidas cada día. O alumnado de Infantil cre na importancia de que todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades, sen importar se somos nenos ou nenas. Por iso, quixemos coñecer mellor a algunhas mulleres científicas e inventoras que, co seu esforzo, intelixencia e creatividade, fixeron inventos que melloraron a nosa vida e contribuíron ao avance da ciencia e da tecnoloxía.
Coñecemos e Investigamos sobre nove científicas e inventoras que contribuíron a mellorar o noso mundo:
Mary Anderson, inventora do limpaparabrisas, que nos permite conducir con seguridade cando chove; Josephine Cochrane, creadora do lavavaixelas, que facilita as tarefas do fogar; Letitia Geer, inventora da xiringa moderna, tan importante na medicina; Sarah Mather, creadora do telescopio submarino, que permite observar baixo a auga; Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico (ebook); Marion Donovan, inventora do cueiro impermeable, que mellorou o coidado dos bebés; Hedy Lamarr, que desenvolveu unha tecnoloxía que foi a base do GPS e do wifi; Celia Sánchez-Ramos, creadora do sistema de recoñecemento por córnea, importante para a seguridade e a saúde visual; Bette Nesmith Graham, inventora do típex, que permite corrixir erros ao escribir.
Despois de coñecelas, cada clase escolleu unha das científicas para traballar máis a fondo na aula.