ASISTENCIA AO VII CONGRESO DE JÓVENES EXPERTOS e ROTEIRO DIDÁCTICO AMBIENTAL POLO BIERZO.

O 13 de febreiro alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato, participou nun itinerario que nos levou a Ponferrada e a súa contorna. Esta actividade complementaria, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tiña entre outros obxectivos os seguintes:

– participar na sétima edición do Congreso de Jóvenes Expertos (de seguido CJE), organizado pola Fábrica da Luz (Museo da Enerxía de Ponferrada), o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a Universidade de León e a UNED.

– darlle a oportunidade ao alumnado de representar ao centro educativo e á cidade, presentando os seus traballos sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) 9, sobre industria, innovación e infraestrutura.

– pasar unha xornada lonxe da aula, compartindo experiencias con alumnado doutros centros e desfrutando dunha tarde ao ar libre, na contorna do Lago de Carucedo e do Monumento Natural de Las Médulas, no Bierzo.

A xuntanza dos participantes levouse a cabo no portón de acceso ao centro, á beira da N-120, ás 06:00 h da mañá. Por diante quedaba unha longa xornada, dado que ás 8:30 estabamos citados para a entrega de acreditacións para o congreso, no edificio de servizos da Universidade de León en Ponferrada. Unha avaría nunha das portas do transporte fixo que non puidéramos iniciar a marcha ata pasadas as 08:10 h, polo que nos incorporamos ao CJE arredor das 10:20 h. E como pode verse no cronograma, no primeiro bloque, tres das trece ponencias corresponderon ao alumnado do noso centro.

Ponencia de Saga Estévez Díaz e Manuel Vázquez Araújo: “ALTRI: perxuicio medioambiental ou beneficio económico”.

Ponencia de Manuel Deaño Santaya e Iker González Colmenero: “Residuos radioactivos”.

Ponencia de Sara Fernández Prado e Antón Rodicio López: “Terras raras, o corazón da transición sostible”.

Os pdf das tres presentacións están dispoñibles na sección Materiais Didácticos/CJE Ponferrada do blog.

Ao remate das trece ponencias e antes de continuar co segundo bloque tivemos un merecido descanso, no que a organización agasallounos cun surtido almorzo.

Ao cabo do segundo bloque, antes de rematar o CJE, tivo lugar a tradicional foto de grupo de todos os poñentes con docentes, autoridades e organizadores.

Podedes consultar a grabación íntegra do congreso na seguinte ligazón:

Para xantar desprazámonos no transporte ata o centro comercial O Rosal.

Luis, responsable da instalación, amosounos este equipamento localizado na contorna do Lago de Carucedo, cun relato no que destaca a influencia que temos os humanos na configuración da paisaxe, e como exemplos, a explotación romana de ouro e o propio Lago de Carucedo.

Se queredes saber máis convidámosvos a consultar o audiovisual do comunicador Isaac Moreno Gallo sobre minería romana, que podedes ver en https://www.rtve.es/play/videos/ingenieria-romana/mineria/5774118/, especialmente entre os minutos 49:20 e 55:45. Ou o seguinte clip da serie de RTVE Los Pilares del Tiempo: https://www.rtve.es/television/20240530/como-consiguieron-romanos-destruir-montanas-medulas-para-extraer-oro/16123000.shtml.

Chegamos a Ourense ás 18:50 h. Foi unha xornada de convivencia moi completa, cunha actividade académica diferente pola mañá e unha visita de interese pola tarde.

Ligazóns a novas na prensa:

https://www.lanuevacronica.com/el-bierzo/talento-joven-debate-sobre-innovacion-futuro-industrial-en-vii-congreso-jovenes-expertos_191122_102.html

https://www.elbierzodigital.com/medio-centenar-jovenes-presentan-proyectos-innovacion-sostenibilidad-bierzo/

https://www.infobierzo.com/ponferrada/congreso-jovenes-expertos-futuro-bierzo-campus-ponferrada_1032693_102_amp.html

https://leon24horas.net/educacion/medio-centenar-de-ponentes-exponen-en-ponferrada-sus-proyectos-en-el-vii-congreso-de-jovenes-expertos/

https://www.bierzotv.com/el-congreso-de-jovenes-expertos-apuesta-por-el-talento-para-generar-territorios-de-oportunidades/

https://www.heraldodeleon.es/album/el-bierzo/galeria-de-fotos/20260213105415073163.html

https://inforadiomontanaleonesa.com/contenido/24488/medio-centenar-de-estudiantes-presentan-24-proyectos-en-el-vii-congreso-de-joven

https://www.threads.com/@queverenponferrada/post/DUkxEaRkXAn/ponferrada-reune-a-medio-centenar-de-alumnos-en-el-vii-congreso-de-jovenes

https://ponferradahoy.com/ponferrada-acoge-la-7a-edicion-del-congreso-de-jovenes-expertos-dedicada-a-la-industria-y-la-innovacion-sostenibles/

https://www.noticiasbierzo.es/la-consejera-de-industria-comercio-y-empleo-inaugura-el-vii-congreso-sobre-economia-del-bierzo/

https://queverenponferrada.com/ponferrada-se-prepara-para-el-vii-congreso-de-jovenes-expertos-centrado-en-industria-innovacion-e-infraestructura/