Dentro da nosa campaña vocacional, no colexio queremos achegar o alumnado á importancia de todas as profesións, especialmente daquelas relacionadas coa natureza e coa produción de alimentos. Por iso, damos un gran valor á agricultura e ás persoas que traballan no campo, fundamentais para o noso día a día. Un exemplo deste traballo é a nosa horta escolar, onde o alumnado pode coñecer e vivir de preto o proceso de cultivo e comprender de onde veñen os alimentos que consumimos.