A actividade divulgativa, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tivo como protagonista a Eduardo José González Clavijo, Xeólogo e coordinador dos Xeolodías a nivel estatal, autor desta interesante publicación. En NaturezAula temos a sorte de contar co seu excelente labor divulgativo, e grazas a súa compaña durante o curso, aprendemos de Xeoloxía en moitas das actividades.