ANTIBIÓTICOS E HORMONAS NO MEU FILETE, CERTO OU FAKE?

O luns 15 de decembro, entre as 09:25 e as 10:10 h, alumnado de 3º ESO do centro tivo a oportunidade de seguir na Aula Magna a segunda Xornada ConCiencia deste curso.

A actividade divulgativa, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tivo como protagonista a Antía Fernández Nieto, Graduada en Veterinaria e Máster en Educación Secundaria e Bacharelato. Antía é antiga alumna do colexio, da promoción que rematou os seus estudos de bacharelato en 2016, e fixo un esforzo para dar esta charla antes de atender as súas obrigas laborais na clínica na que traballa.

Roteiro didáctico por Asturias e León, fotografías tomadas os días 10 e 11 de marzo de 2016.

Compartiu connosco a ponencia Antibióticos e hormonas no meu filete, certo ou fake? Esta charla forma parte das actividades formativas organizadas como complemento dos contidos de Bioloxía e Xeoloxía de 3º de E.S.O.

Antía fixo unha presentación dinámica e interactiva, facendo partícipe ao alumnado de 3º de E.S.O.

A presentación (o pdf está dispoñible na carpeta Materiais Didácticos da páxina de inicio do blog) contaba con ligazóns a distintas páxinas nas que poder consultar reglamentos e decretos da lexislación vixente. Asemade, algúns videos amosaban a ataxia do gando bovino durante a crise das vacas tolas.

Para rematar, Antía fixo referencia a One Health, unha soa saúde, a estratexia multisectorial de saúde pública que recoñece as interaccións e interdependencias entre a saúde ambiental, animal e humana para previr e controlar os riscos sanitarios derivados (https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/sanidad-animal-higiene-ganadera/una-sola-salud).