Na aula de 3 anos o outono chegou cargado de cores, texturas e moita ilusión. O alumnado inaugurou o seu agardado rincón de outono, un espazo deseñado para explorar, tocar e descubrir os elementos máis característicos desta estación. Durante varios días, as familias colaboraron traendo follas secas, piñas, ramas, castañas, froitos e outros elementos naturais para decorar a clase. Tamén elaboraron manualidades otoñais, debuxos… Con todo este material, xeramos un ambiente cheo de marróns, amarelos e laranxas, que convida ao xogo e á experimentación.