Datado do século XV, os muros de mampostería de lousa acadan os 8 metros de altura. A porta principal conta cun arco semicircular, e a torre da homenaxe (cunha altura próxima aos 16 metros) atópase en excelente estado de conservación. Existe unha lenda vencellada a este Castelo, a lenda de Aldara, ou da Dona Cerva: conta que desaparecera do Castelo unha fermosa rapaza, que foi dada por morta logo dunha longa e infructuosa búsqueda; pasados os anos, o seu irmán, nunha xornada de caza, acertoulle a unha cerva branca, e como non podía levala ao Castelo, cortoulle unha das patas dianteiras; ao chegar ao castelo e abrir o zurrón, había unha man ensanguentada, que lucía nun dos dedos o anel da súa irmá, e cando foron a polo resto da cerva, atoparon o cadáver da doncela, que fora enfeitizada.