O 13 de outubro alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, acompañado por dous docentes de ESO, Amador Lama Tombo (SDB) e Eduardo José González Clavijo, xeólogo e coordinador dos Xeolodías a nivel estatal, participou nun itinerario polo Concello de Sober. Esta actividade complementaria, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, dentro do Programa de Educación Ambiental Voz Natura, tiña como obxectivo destacado achegar aos participantes a centros de interese deste concello, que permiten facer deste percorrido ambiental unha oportunidade para aprender a conservar o rico patrimonio da zona. O itinerario, recollido nunha unidade didáctica compartida co alumnado (que se pode consultar na carpeta Materiais Didácticos do blog), artéllase arredor de 4 paradas de interpretación relacionadas con aspectos do medio (etnografía, patrimonio, natureza, historia…) que imos destacar polo seu valor ou singularidade, e que están indicadas a continuación.