Para rematar, o domingo 7 de setembro, a excursión levounos a Kilkenny, coñecida como a “cidade de mármore negro”. Alí puideron descubrir a importancia xeolóxica do seu famoso limestone, unha calcaria escura con fósiles mariños de máis de 300 millóns de anos, que foi empregada na construción de igrexas e edificios históricos. A contorna de Kilkenny, ás beiras do río Nore, tamén é recoñecida polos seus ecosistemas fluviais e polo seu rico patrimonio natural.
A experiencia en Irlanda resultou moi enriquecedora, non só pola mellora do inglés grazas á inmersión diaria, senón tamén polo contacto coa historia, a xeoloxía, a biodiversidade e a cultura do país. Sen dúbida, unha viaxe inesquecible para aprender da natureza e da vida na Illa Esmeralda.