CONFLITOS POR RECURSOS, QUE TEÑEN QUE VER CONMIGO?

O venres 26 de setembro, entre as 11:40 e as 13:20 h, alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO do centro tivo a oportunidade de seguir no Salón de Actos a primeira Xornada ConCiencia deste curso.

A actividade divulgativa, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tivo como protagonista a Eduardo José González Clavijo, Xeólogo e coordinador dos Xeolodías a nivel estatal. En NaturezAula temos a sorte de contar co seu excelente labor divulgativo, e grazas a súa compaña durante o curso, aprendemos de Xeoloxía en moitas das actividades.

Compartiu connosco a ponencia Conflitos por recursos, que teñen que ver conmigo? Esta xeocharla forma parte das actividades formativas organizadas pola Comisión Mulleres e Xeoloxía da Sociedade Xeolóxica de España, e o deseño da mesma é unha proposta de Fundación Albihar (https://www.fundacionalbihar.org/) e Xeólogos do Mundo-World Geologists (https://www.icog.es/geologosdelmundo/), con financiamento da AACID (Axencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).

Eduardo comezou a presentación facendo una reflexión sobre a evolución do uso dos minerais por parte do ser humano.

A auga, os fosfatos, o ouro… foron os protagonistas da ponencia.

Na parte final da mesma, gañou protagonismo o 3TG, acrónimo de Tin (Estaño), Tantalum (Tantalio), Tungsten (Tungsteno ou Wolframio) e Gold (Ouro).

Para rematar a charla, Eduardo fixo referencia ás diferenzas na explotación destes recursos nos paises desenvolvidos e naqueles en vías de desenvolvemento, e as consecuencias deses modelos no ámbito dos dereiros humanos e as oportunidades das distintas poboacións.

Nos seguintes QR podedes consultar as fontes de información empregadas para levar a cabo esta presentación.

O pdf da presentación está dispoñible na carpeta Materiais Didácticos da páxina de inicio do blog.

Logo da charla, Eduardo presentou a maleta dos minerais, e o alumnado, pasando por grupos arredor da mesa colocada na parte baixa do salón de actos, puido relacionar dez minerais extraidos en Galicia con obxectos de uso cotiá. Mesmo levaron algunha sorpresa.