Comezamos un novo curso e retomamos as actividades en NaturezAula lembrando algo especial para todas e todos os que participamos neste proxecto: no curso 2024-2025 convertímonos nos primeiros en conseguir os tres premios Voz Natura, o Premio Provincial en 2014, o Premio Galicia e o Premio ao mellor blog en 2019, e o Premio á mellor comunicación en 2025. Achegamos unha escolma de fotografías e publicacións para lembrar algúns deses momentos e aos seus protagonistas. E por suposto, queremos agradecer a todas e a todos a vosa colaboración.