XORNADAS PATRIMONIO XEOLÓXICO CEIDA.

O venres 27 de xuño os coordinadores de NaturezAula, acompañados polo xeólogo Eduardo José González Clavijo, asistimos ás Xornadas sobre Patrimonio Xeolóxico, unha actividade formativa que se levou a cabo no Castelo de Santa Cruz de Oleiros, no CEIDA.

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente o Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Universidade de A Coruña e o Concello de Oleiros, para coordinar, dinamizar e promover a Educación ambiental en Galicia.

Carlos Vales Vázquez, Secretario da Comisión Executiva e Director-Xerente do CEIDA, foi o encargado das presentacións dos poñentes.

Agradecemos ao CEIDA que nos convidara a participar nestas xornadas…

… e facemos un descanso nas publicacións ata setembro. Que teñades un bo descanso estival !!!