CONCEPTOS MIGRATORIOS: O ANTES E O DESPOIS.

O mércores 18 de xuño, como colofón á actividade académica, o Dr. Alejandro Giraldo Ríos, científico médico xenetista, foi o poñente da décima (e última) Xornada ConCiencia deste curso, unha actividade que se levou a cabo na Aula Magna do centro, asistindo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO. Stella Estrada foi a encargada da presentación do poñente.

Alejandro fixo unha presentación atractiva da relación entre as orixes do universo, a orixe da vida e a expansión dos homínidos.

Durante a presentación, Alejandro fixo unha manchea de referencias ás migracións recentes (e outras non tanto) das poboacións da nosa especie.

Chamaron moito a atención do alumnado as diapositivas do remate da charla, nas que se observaban as estatuas commemorativas da emigración dos galegos durante o século XX.

Antes de rematar a ponencia, Alejandro fixo unha reflexión sobre a emigración na actualidade, centrándose na situación de España.

Agradecemos a charla ao Dr. Giraldo, e especialmente a Stella Estrada, que fixo o posible para que o alumnado do centro desfrutara desta actividade.