O luns 28 de abril, entre as 11:40 e as 14:10 h, alumnado de 3º ESO, e alumnado de BX de 4º ESO, 1º e 2º BAC do centro tivo a oportunidade de seguir no Salón de Actos a Xornada ConCiencia sobre Cirurxía. Como ese día, durante a intervención do segundo poñente, sufrimos o apagón que deixou sen luz a toda a península, retomamos a actividade, co mesmo horario, o luns 19 de maio na Aula Magna do centro, desta vez para alumnado de BX de 4º ESO e 1º BAC.
A actividade divulgativa, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais do centro, tivo como protagonistas ao Dr. Borja Pérez Serrano, ao Dr. José Manuel Domínguez Carrera, á Drª. Inés Aldrey Cao e ao Dr. Iago Justo Alonso. Compartiron connosco as ponencias Innovacións tecnolóxicas no ámbito da podoloxía, Cirurxía robótica e futuro, Que fai unha moza coma min nun sitio coma este? E Trasplante de órganos abdominais, onde están os límites? A moderadora da mesa foi a Drª Marta Vázquez Lorenzo (Residente de Oncoloxía Radioterápica no CHUVI-Meixoeiro).