Moitas desas fotografías foron empregadas tempo atrás para ilustrar o taboleiro do que dispón o proxecto no pórtico do edificio de EI-ESO-BAC, polo que se lle deu un novo uso a ese papel.
As indicacións para empregar estes elementos pictóricos estaban dispoñibles nunha carpeta de Google Drive compartida con todo o alumnado da asignatura, ao través de presentacións elaboradas polo docente, que contaban tamén con exemplos dos traballos levados a cabo en cursos anteriores.
Antes de rematar o período de avaliación do segundo trimestre o alumnado colocou os seus traballos na carteleira e nas fiestras interiores das súas aulas, onde quedaron expostos durante varias semanas. A finais de abril foron retirados e devoltos a cada alumna/o, que os gardou no seu block de traballo.