ACTIVIDADES DE ENSINO PRIMARIO NO SEGUNDO TRIMESTRE.

O alumnado e as mestras e mestres de Ensino Primario levaron a cabo una manchea de actividades durante o segundo trimestre do curso 2024-2025.

ECOPARQUE INFANTIL MAMÁ MARGARIDA.

Entre o 15 e o 18 de xaneiro, alumnado de 1º e 2º de EP achegouse ata o Ecoparque Infantil Mamá Margarida para poñer novas plantas. Con todas as ferramentas e a terra ben preparada plantamos leitugas, acelgas e cebolas.

15 de xaneiro, alumnado de 1º.

16 de xaneiro, alumnado de 2ºB.

17 de xaneiro, alumnado de 2ºC.

18 de xaneiro, alumnado de 2ºA.

Desfrutamos moito traballando na terra e axudándonos un aos outros para que todo quedase ben. Agora tócanos agardar para ver os resultados da nosa gran sementeira. Que ilusión é poder ver o froito do noso traballo!

O 7 de marzo, alumnado de 3º continuou coa plantación…

… e o 10 de abril 2º recolleitou.

A CORUÑA.

O 5 de febreiro o alumnado de 4º e 6º visitou A Coruña.

Pola mañá, 6º achegámonos ao Museo Domus, aprendendo grazas ás distintas actividades interactivas relacionadas co ser humano.

Ao tempo, 4º visitábamos o Aquarium Finisterrae.

O xantar, reunidos todos, foi no monte San Pedro.

Pola tarde camiñamos ata o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), onde puidemos desfrutar das exposicións dos inventos máis importantes e fomos aínda máis conscientes da importancia da Ciencia para mellorar as nosas vidas.

Antes de voltar cara Ourense, merendamos no parque da Torre de Hércules. Foi un día espectacular e portámonos moi, moi ben. Os mestres están moi orgullosos.

COÑECE A TÚA CIDADE.

O 11 de febreiro o alumnado de 3º dimos un paseo pola cidade para ver as características dos distintos barrios e aprender máis sobre as sinais e normas de tráfico. Fixemos unha visita polos monumentos máis importantes do centro histórico. Deste xeito coñecemos un pouco máis a historia de Ourense.

ANDAINA POLO MIÑO.

Entre o 11 e o 13 de febreiro, e coa colaboración da Aula de Natureza do Miño, o alumnado de 4º levou a cabo unha andaina entre o colexio e Oira.

11 de febreiro, alumnado de 4ºB.

12 de febreiro, alumnado de 4ºC.

13 de febreiro, alumnado de 4ºA.

CONVIVENCIAS DE 4º, 5º E 6º.

 Durante as convivencias dos días 8, 9 e 10 de abril tanto o alumnado como o profesorado desfrutaron de paseos pola beira do Miño.

8 de abril, convivencias de 5º.

9 de abril, convivencias de 4º.

10 de abril, convivencias de 6º.

AQUALOXÍA.

O 11 de abril o alumnado de 3º participou nun obradoiro para comprender a optimización dos recursos que fomenten un desenvolvemento sustentable, entender os distintos procesos para conseguir a calidade da auga e procurar solucións para a xestión do ciclo integral da auga sexa cal sexa o seu uso, doméstico, agrícola e/ou industrial. Para acadar estes obxectivos levaron a cabo distintos experimentos na Aula Innova do centro.

I OLIMPIADAS GALEGAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA.

Tamén en abril o alumnado do noso centro participou nas I Olimpiadas Galegas Escolares de Seguridade Viaria, organizadas polo Concello de Narón, con esta espectacular maqueta.

DÍA DA TERRA.

E para rematar o trimestre, os traballos do alumnado de 1º para celebrar o Día da Terra.