Arume, unha empresa que xestiona comedores escolares, únese a Xogaterapia colaborando no proxecto. Levan adquirido 1.500 packs de sementes que serán plantadas en preto de 650 colexios de toda España. Co diñeiro recaudado ata conseguiron crear unha Sala Divertida no Hospital Materno Infantil de Málaga. O obxectivo é fomentar os valores de solidaridade, empatía e responsabilidade social; facer partícipes activos aos nenos e nenas en accións que favorezan a outros nenos e darlle visibilidade á tarefa de Xogaterapia. Salesianos Ourense colabora con este proxecto plantando sementes de pensamento, Viola × wittrockiana, e lavanda, Lavandula sp, coa colaboración do alumnado de Ensino Infantil.