VII CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Do 13 ó 16 de marzo celebrouse en Fuenlabrada o VII Congreso Internacional de Educación Ambiental, organizado pola Asociación Española de Educación Ambiental.

O VII Congreso Internacional de Educación Ambiental tivo un formato de conferencias, mesas redondas, comunicacións orais, obradoiros e videoconferencias, sen descoidar as visitas guiadas. Os coordinadores do proxecto Naturezaula tivemos a oportunidade de asistir a este foro de comunicación e intercambio de experiencias.

Queremos amosar o noso agradecemento á AEEA (Asociación Española de Educación Ambiental) por convidarnos a presentar o noso proxecto e participar de xeito activo neste congreso; e ao concello de Fuenlabrada (localidade de preto de 200.000 habitantes) e á Universidade Rey Juan Carlos, por acollernos e dar unha manchea de facilidades para o desenvolvemento desta actividade.

O congreso botou a andar o xoves 13 co acto inaugural e a conferencia de María Novo “É sostible a sociedade das presas? A educación como panca de cambio”, seguindo coa conferencia de Fernando Valladares “Avances e cambadelas nos actuais problemas-impactos ambientais” e o obradoiro “Tecnoloxía IoT e Intelixencia Artificial en Educación Medioambiental”.

Logo do xantar, ás 16 h, mesa redonda no Salón de Grao. A continuación, mesa redonda no Salon de Actos, para rematar cun Obradoiro, tamén no Salón de Actos.

O venres, ás 09:30 h no Salón de Actos, Federico Velázquez de Castro regalounos a conferencia “Pedagoxía fronte ao cambio climático”.

A continuación unha mesa redonda, e para rematar a mañá, o turno de María Isabel Martínez Moreno, que presentou a conferencia “Os liques e a súa importancia nos ecosistemas como bioindicadores de contaminación”.

Pola tarde Obradoiro-laboratorio interuniversitario. Deseguido o Obradoiro “Dinámica interactiva: retos e propostas”.

O sábado pola mañá Emilio Chuvieco impartiu a conferencia “Ética ambiental: saúde ambiental e humana”.

A continuación a mesa redonda “Relación da saúde ambiental e saúde humana”.

Ás 12:40 foi o turno do noso proxecto. Presentamos o Proxecto Ambiental NaturezAula, vencellado ao Programa de Educación Ambiental Voz Natura, centrando a presentación no traballo do alumnado de Altas Capacidades de ESO, que tomou forma no póster “Percorridos saudables”.

Ao remate dunha breve intervención, convidamos aos asistentes a achegarse ata o hall onde estaban instalados os pósters, para seguir comentando in situ aspectos do traballo levado a cabo durante o curso 2023-2024.

Durante os tres primeiros días de congreso, no hall da parte superior do edificio de servizos, puidemos desfrutar dos pósters presentados ao congreso, xunto cunha presentación de carteis sobre os plásticos.

Na entrada, a exposición fotográfica de Anmistía Internacional.

Pola tarde a mesa redonda “Discapacidad, inclusión y accesibilidad en el Medio Natural”, e deseguido a mesa redonda “Alimentación saudable e sostible”.

Para rematar a tarde as últimas comunicacións.

O domingo pola mañá visitamos o Centro de Educación Ambiental Bosque Sur, da Rede de Centros de Educación Ambiental da Comunidade de Madrid.

José Velasco, coordinador do Seminario de Reconexión coa Natureza do CENEAM, foi o encargado do obradoiro matinal.

Carlos, Elena e Silvia, do CEA Bosque Sur, amosaron as instalacións e leváronnos pola Senda Máxica.

O VII Congreso Internacional de Educación Ambiental trasladouse ao Teatro Maribel Verdú, coa entrega de Premios Martín Sosa a María Novo Villaverde e Luciano Labajos Sánchez. Para finalizar, logo do actos de clausura, Carine Galichet y Carolina Andrea Deb levaron a cabo unha mostra de Arte Performativo.