O 22 de marzo, Día Mundial da Auga, varios docentes participamos nunha xornada sobre a xeoloxía da Limia e a súa influencia nas augas subterráneas, organizada polo Grupo Español da Asociación Internacional de Hidroxeólogos (https://www.aih-ge.org/hidrogeodia-2025/).
O Hidroxeodía 2025 da provincia de Ourense celebrouse en Sandiás, na comarca da Limia, e vimos como os recheos sedimentarios da conca da Limia (onde en tempos estaba o expléndido humidal natural da Lagoa de Antela) inflúen no comportamento das augas subterráneas da zona. A xeoloxía tamén forma parte do patrimonio natural e xoga un papel moi importante porque condiciona o relevo dunha zona e polo tanto o clima, a flora, a fauna e o modo de vida dos seus habitantes. A Limia Alta conta con lugares de interese e nesta xornada de turismo xeolóxico organizado en roteiro o obxectivo era observar e interpretar coa mirada do xeólogo algúns destes lugares no ámbito territorial do Concello de Sandiás.
Eduardo José González Clavijo, xeólogo con máis de 10 anos de experiencia en divulgación científica no sur de Galicia e coordinador a nivel estatal dos xeolodías, foi o encargado de guiar aos asistentes a esta xornada.