AS ROCHAS DE SOBER, QUE HISTORIA CONTAN?

O 23 de febreiro seguimos con atención a actividade formativa que Eduardo José González Clavijo ofreceu no Concello de Sober. Entre as 12 e as 13:30 ofreceu unha charla no Salón de Actos da Casa da Cultura. Logo do xantar, entre as 15:30 e as 18:30, fixemos un itinerario en vehículos particulares por Souto Chao, Amandi, Anllo e Nogueira.

Durante a charla da mañá, co título As rochas do Concello de Sober, que contan sobre a historia xeolóxica desta zona?, Eduardo levou a cabo unha exposición contextualizada dos tipos de rochas presentes no concello, facendo un repaso da oroxenia e das condicións que levaron á realidade xeolóxica actual da contorna.

Entre as presentacións dunhas e doutras rochas, Eduardo repartiu entre os asistentes unha manchea de mostras recollidas no territorio do concello.

Neis Ollo de Sapo.

Neis de Carraxo.

Capas dos Montes.

Cuarcita Armoricana.

Lousas de Luarca.

Mármore do Ordovícico.

Granitoides.

Sedimentos recentes.

Na seguinte ligazón pódese seguir o audiovisual completo da charla da mañá.

A actividade continuou logo do xantar.

Miradoiro de Souto Chao, Doade.

Neis ollo de sapo, Doade;  e dique de cuarzo, Amandi.

Mármore á entrada da igrexa de Santo Estevo de Anllo.

Miradoiro da Pena do Conde, Nogueira.

A grabación íntegra das paradas de interpretación levadas a cabo pola tarde pódese seguir na seguinte ligazón.