O xoves 6 de febreiro o alumnado de 4º ESO que participa no programa de Altas Capacidades (AACC) do centro e dous alumnos de 1º de Bacharelato, acompañados por Amador Lama Tombo (salesiano coadxutor) e Quique (docente de Bioloxía e Xeoloxía en 3º e 4º de ESO), asistiron á I Feira científica escolar Don Bosco, que se levou a cabo na Praza da Milagrosa de Lugo, diante do CPR Plurilingüe Divina Pastora Salesianos. O encontro foi organizado polos Salesianos de Lugo e o Clube de Ciencias do mesmo centro, en colaboración coa Inspectoría Salesiana Santiago el Mayor, o Concello de Lugo e Torre de Núñez.