Entre 2018 e 2020 o panel informativo de Montealegre foi amosando un claro deterioro, obxecto dos vándalos primeiro e, ao remate, servindo como combustible para algún magosto. O da Ponte Vella foi retirado en 2021 durante as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia na contorna da Ponte Vella; a administración autonómica asumiu a responsabilidade de repoñelo, pero ata a data de hoxe non temos novas desa xestión (dixeron que se extraviara). Durante o verán de 2023, o único panel que quedaba en pé (o de Ceboliño), que aguantaba grazas aos coidados e sensibilidade amosada polos veciños do núcleo rural (como testemuña, a foto dun dos grupos de 1º de ESO, en abril de 2023), foi cortado pola base (pode verse na parte esquerda da fotografía de xuño de 2024) por funcionarios municipais, sen que ata agora se fixera ningún traballo de restauración nin reposición.