ACTIVIDADES DE ENSINO PRIMARIO NO PRIMEIRO TRIMESTRE.

O alumnado e as mestras e mestres de Ensino Primario (EP) levaron a cabo una manchea de actividades durante o primeiro trimestre do curso 2024-2025.

ANDANDO Á ESCOLA.

O 20 de setembro, alumnado de EP acompañado polas súas familias, mestras e mestres, persoal de protección civil e forzas e corpos de seguridade do estado, participou nun percorrido simbólico, cruzando a Ponte Vella, para reivindicar a mobilidade sostible, evitando na medida do posible o uso dos vehículos a motor para vira o cole.

Fotografías de Luis Canal Fraga.

Andando á escola foi o título escollido para a actividade. O obxectivo destacado, que os escolares acudan a clase no medio de transporte máis básico: a pé. A acción xurdiu con motivo do Día Mundial sen coches, que se commemorou o 22 de setembro.

Fotografías de Ruth González Salgado.

Esta iniciativa forma parte das actividades do Proxecto de Educación Vial do centro, co apoio de entidades como Tráfico e Policía.

MAGOSTO COLEXIAL.

Alumnado de 1º.

Alumnado de 2º.

Alumnado de 3º.

Alumnado de 4º.

Alumnado de 5º.

Alumnado de 6º.

VISITA Á ESTACIÓN METEOROLÓXICA.

O 13 de novembro o alumnado de 3º, na materia de Ciencias Sociais, visitou a estación meteorolóxica do colexio. Alí vimos os distintos aparellos para medir o tempo. Os datos que alí se obteñen permítenos saber o tempo que temos cada día (temperatura, precipitacións, dirección e velocidade do vento…).

Podemos consultar os datos na casa premendo na seguinte ligazón: https://app.weathercloud.net/d8971817734#current

VISITA AO PARQUE BOTÁNICO DE MONTEALEGRE.

Antes de rematar o trimestre o alumnado de 4º desfrutou dunhas xornadas organizadas polo Concello de Ourense para celebrar a “semana dos bosques”, co obxectivo de educar sobre a diversidade das especies e o coidado da contorna por parte de todos. O destino foi o Parque Botánico de Montealegre, un espazo de referencia no coidado da natureza na nosa cidade.

26 de novembro, alumnado de 4ºC.

2 de decembro, alumnado de 4ºA.

3 de decembro, alumnado de 4ºB.