O 7 de outubro, alumnado de 5º comezou coas tarefas da horta escolar. Aínda que o tempo estaba algo revolto aproveitaron un intre que non chovía para apañar castañas, cabazas (que plantáramos o curso pasado) e para renovar as plantiñas, con leitugas escarola, pementos morróns, fresas, aloe vera e algunhas flores de tempada, que ben seguro porán unha nota de cor no ecoparque. Queremos amosar o noso agradecemento ás familias que teñen colaborado enviando plantiñas para que nenas e nenos de 5º puideran desfrutar e aprender na horta.