Esta exposición, que comezou a súa andadura pola provincia no noso centro, consta de doce paneis, nos que se recolle bioloxía, hábitats, alimentación… e unha manchea de datos e curiosidades sobre os insectos. Estes artrópodos áchanse en declive, estimándose que a súa tasa de extinción é da orde de oito veces máis rápida que a dos mamíferos, aves e réptiles, debido principalmente aos cambios de uso do chan que reducen os recursos, o emprego de biocidas, infeccións emerxentes, especies domésticas introducidas e os efectos do cambio climático.