Ademais doutros espazos e centros de interese visitados, destacamos a excursión do 30 de agosto á área de South Downs, en East Sussex, onde se atopan os cantís de creta coñecidos como “Seven Sisters”, entre as localidades de Seaford e Eastbourne, ao sur de Inglaterra. A pesar do tempo, estes cantís seguen tendo unha cor branca brillante, xa que se están a erosionar de xeito natural, sen tomar medidas para evitalo (como acontece noutros das mesmas características, por exemplo os de Dover, un pouco máis ao leste, protexidos por vexetación, o que fai que se volten verdes).