Visita aos asentamentos romanos de Laias (Cenlle).

O sábado 19 de outubro pola tarde varios docentes participamos no segundo Paseo Xeoarqueolóxico de Ourense 2024.

O itinerario foi deseñado por Eduardo José González Clavijo (xeólogo coordinador dos xeolodías organizados pola Sociedade Xeolóxica de España, colaborador habitual das actividades de NaturezAula) en colaboración coa Comisión de Xeoarqueoloxía da Sociedade Xeolóxica de España, co obxectivo de que a sociedade coñeza esta disciplina científica entre a Arqueoloxía e a Xeoloxía.

Este paseo levouse a cabo no val do río Miño, na ladeira sobre a localidade de Laias, onde se ubican restos arqueolóxicos de gran interese.

Na zona alta existe un castro da idade del bronce (século VI a.C.)…

… e na ladeira baixo o castro consérvanse asentamentos mineiros romanos que chegan ata o río. Estes asentamentos actualmente están cortados polo trazado da autovía A-52, e entre eles destaca un túnel de 40 metros de lonxitude que servía para facer chegar a agua a esta poboación romana, que se relaciona coas abundantes minas romanas de ouro existentes no val do Miño. De feito, existen máis asentamentos romanos na zona.

Durante a actividad explicouse a paisaxe antropizada da zona, visitamos a base do castro, varios lagares romanos e o curioso túnel, no que aínda se poden observar as marcas dos picos dos traballadores que o fixeron, así como os “lucernarios”, espazos na parede onde colocar as lámpadas de aceite coas que iluminaban o túnel mentres o construían.